William Morris, un dos creadores máis interesantes de finais do século XIX, relata unha historia trepidante na que o mundo dos humanos e dos deuses se mestura para dar lugar a un deses tempos míticos que os antigos deron en chamar idades dos heroes.
Esta novela foi unha das principais inspiradoras de J.R.R. Tolkien, o mestre da fantasía heroica, para o seu O señor dos aneis, e agora sae do esquecemento para entrar de cheo na literatura galega.