A quen non lle pasou que o que promete ser un día perfecto acaba por se tornar nun pesadelo? Isto precisamente é o que lle acontece a Kaarna, director da área de urbanismo do municipio de Marrasvirta. Precisamente o día da festa grande da súa vila, cando vai pronunciar un discurso ante toda a veciñanza, é o que escolle a súa nai para morrer. A partir de aí, todo se vai enleando até o punto de se ter que enfrontar cun pasado que se cadra non é o que el cría, na persecución dunha morta en vida e nunha estraña intriga relacionada coa espionaxe da Guerra Fría."