Brais era un rapaz coma outro calquera, outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana adoitaba ir co gando a un lugar chamado "O Outeiro das Mouras". Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados...Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?