Sinopse Moito máis ca novela, moito máis ca un diario Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísima situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.