O Embigo De Xanecas

Autor:
Ram¢n Arag‚s/Chessa Francesca Ramón Aragüés
Editorial:
Editora Oqo Oqo Editora
ISBN
9788498717020
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
34
Formato
Cartoné
14,90€

Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados ... Para apurar máis, Xanecas fregábase tamén co xabón. De súpeto, afundíuselle o dedo nun burato da barriga. Que pasara? Tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: E por que teño embigo? A cousa é que Xanecas está nunha das etapas máis divertidas da infancia: a das preguntas. Por iso quere saber o porqué de todo, e interroga a papá, á irmá máis vella, ao avó... Aproveitando a inocencia do pequeno, cada quen irá inventando unha trola sobre o estraño buraco.Finalmente, a nai lle desvela a verdadeira razón da existencia do embigo, e, de paso, un dos grandes misterios da vida. As ilustracións de Francesca Chessa transmiten a espontaneidade e naturalidade dos xestos infantís. Son imaxes coloristas e desenfadadas, concibidas para que os cativos se identifiquen cos escenarios, os personaxes e o comportamento dos protagonistas.