A reacción colectiva a un accidente da construción. Unha excursión ao mar unha tarde de tormenta. A lembranza daquel gol de Vicente Celeiro que evitou o descenso do Deportivo. Unha mula desbocada no peirao da Coruña... O debú literario de Félix Longueira está composto por trece relatos onde o ordinario acolle, espera ou esquiva o inesperado.