O Encaixe De Bruxelas

Autor
Luz Darriba Magadán
Editorial
Belagua Ediciones Y Comunicación, S.L.
ISBN
9788412443479
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
122
Formato
Rústica
Colección
Rustica
23,00€

A loita pola supervivencia leva a Clara dende Bos Aires a España, e de aquí a Bruxelas, onde traballa como comisaria de exposicións de arte ás ordes dunha rica e desaborida xefa. Instalada precariamente na capital belga, Clara verase moi pronto ameazada por unha mafia de explotación laboral e decatarase de estar vivindo unha quimera. Luz Darriba escribe unha novela claramente autobiográfica, desvelándonos unha historia familiar e persoal atravesada polo forzoso exilio. Irónica, incisiva, enxeñosa e incluso tenra,o filtro do tempo permítelle recrear algúns pasaxes hilarantes. Transmutada no seu alter ego Clara, enlaza un enérxico discurso contra o establishmente mundial no que operan as ditaduras, as mafias da trata de persoas ou o integrismo relixioso. En conversa imaxinaria coa súa nai, deixa fluír as súas lembranzas dos anos infantís para mostrarnos a nena que foi, espelida, observadora e cun gran sentido de xustiza; reflexiona sobre a maternidade, as relacións familiares, as desigualdades ou corrupción, e brinda, finalmente, pola vida e pola arte.