O ENXOVAL DA NOIVA. PARÁBOLA DA FIN DO MUNDO

Autor
Víctor F. Freixanes
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788411763479
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
272
Formato
Rústica
Colección
Literaria
Dimensiones
15 x 23 cm
20,30€

Nos derradeiros días de 1501, a princesa Lucrecia Borgia, filla do papa Alexandre VI, casa por poderes en terceiras nupcias co vinculeiro de Ferrara, Afonso de Este. Para magnificar o acontecemento, o pontífice ordena adiantar ese ano a celebración do Entroido ao Nadal, exhibición de poder diante da curia, as grandes potencias de Occidente e as familias romanas. Partindo de feitos e personaxes históricos, a novela deriva cara a unha alegoría, parábola ou parodia inspirada na tradición escatolóxica cristiá sobre o Final dos Tempos, espectáculo cósmico onde as forzas do Ben e do Mal se enfrontan ciclicamente. Anúnciase un novo tempo, coa destrución dos antigos valores, encarnados na figura do misterioso cabaleiro Tristán Britano, que acompaña a comitiva dos ferrareses. Ollada dende a actualidade, esta dimensión alegórica adquire, se cadra, un maior significado. Unha novela que mesmo podería inspirar unha ópera italiana.