A millóns de quilómetros de distancia, o espazo está cheo de astros que podemos ou non ver desde a Terra. As tripulacións de astro nautas viaxan a el para facer experimentos e obter información doutros planetas e estrelas. Mais, para iso, deben empregar naves e traxes espaciais que as illen do exterior, xa que , alí, as temperaturas son extremas e non hai osíxeno.