Sinopse
Como indica o profesor Xosé Manuel Salgado no estudio introductorio que abre este libro, Santiago de Compostela subxugou a Otero Pedrayo, quen se aplicou á tarefa de inventar a Compostela literaria. O resultado desa arela é O espello no serán, unha fermosa homenaxe á cidade pola que Otero se sentiu gozosa e inevitablemente cativado dende o instante mesmo de visitala por vez primeira