O FARO

Autor
Carlos Labrana
Editorial
Baía Edicións
ISBN
9788499954653
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
43
Formato
Rústica
Colección
BARRIGA VERDE
Dimensiones
150 x 225 x 5 cm
9,00€

"La desbandá” foi un dos episodios máis cruentos da Guerra Civil. Coa chegada das tropas “nacionais” a Málaga, o 7 de febreiro de 1937, a poboación entra en pánico e máis de cen mil persoas foxen co posto pola estrada da costa en dirección a Almería, protagonizando o maior éxodo do conflito. A marea de refuxiados queda atrapada nunha especie de funil no concello de Torre del Mar, onde empezan os bombardeos desde os buques “nacionais” e a aviación alemá. Neste contexto, Anselmo Vilar, o fareiro de Torre del Mar, nado en Castro de Rei (Lugo), xogou, figuradamente, unha terrible partida de xadrez. Cando hai que fuxir do horror refuxiándose na escuridade da noite, a luz dun faro, prendida para protexer vidas, pode facer o contrario: sinalar a posición dos inocentes. O dilema entre o deber de obediencia e o deber moral enfróntanse sobre o taboleiro, pero unha das partes xoga cunha peza de máis. Será a obriga cega, o frío concepto do deber, ou será a honra, a responsabilidade... a humanidade? O mellor e o peor da condición humana atópanse descritos con toda a súa crudeza nesta impresionante peza teatral.