O Froilán

Autor
Mercedes Gallego Esperanza
Editorial
Maria Mercedes Gallego Esperanza
ISBN
9788469790342
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
134
Formato
Rústica
Colección
Rustica
19,50€

Ó gato Froilán cando era pequeniño convertérono no xoguete dun neno de cidade, mais segundo ía crecendo o rapaz fartouse del e os seus pais tamén empezaron a velo como un estorbo. Así, un día acordaron que o mellor era desfacerse del, abandonalo no monte. Cando isto estaba a piques de acontecer, unha veciña á que lle deu pena fíxose cargo do Froilán e buscoulle unha familia que o adoptou. A partir dese momento a vida de Froilán cambiou, xa que foi vivir ao campo a unha casa con horto e xardín e converteuse nun gato querido, feliz e libre. Entraba e saía cando quería e viviu un feixe de aventuras. A máis extraordinaria foi descubrir que se podía comunicar telepaticamente coa súa nova ama, feito que estableceu un vinculo especial entre eles e que o gato aproveita para ditarlle as súas memorias. O Froilán é un pouco trapalleiro á hora de ditar, mais el xustifícase dicindo que un gato non ten porque saber de pluma e de letra. Sen embargo, a súa ama díxolle que, se non se esmeraba, ela deixaba de escribir. O Froilán centrouse e transmitiulle telepaticamente, sen máis preámbulos, o que el chamaba as miñas trepidantes aventuras.