Un día, o galo e a galiña saíron da granxa, dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquíe petiscaron por alá, ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecíapolas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa.Esta versión dun conto tradicional narra o periplo desesperado da galiña para salvar o seuamado comellón. Nesta empresa colaborarán un granxeiro, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro eun