Sinopse
A trama da novela comeza co inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, que investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal.
O gardián invisible forma parte dunha triloxía, a triloxía do Baztán, o misterioso e engaiolante val onde se desenvolve a acción da novela. Abaneando entre a maxia e a racionalidade, a autora preséntanos unha orixinal novela de suspense, moi diferente ao que existe no mercado, cun estilo fresco e cautivador. É unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le.