O Gran Zootel (Cofre con 4 minilibros)(Gallego)

Autor
S. Isern D. Arboleda
Editorial
TRIQUETA VERDE *
ISBN
9791387501686
Idioma
Gallego
Publicado
2026
Nº de páginas
160
Formato
Cartoné
Colección
Caixa
Dimensiones
100 x 140 cm
19,95€

Benvidos ao Gran Zootel, o hotel máis disparatado e divertido que poidas imaxinar! Susanna Isern, Pedro Mañas, Diego Arboleda e Begoña Oro, catro autores imprescindibles da literatura infantil, reúnense por primeira vez nun mesmo universo, ilustrado por Laura Brenlla. Este cofre reúne catro historias independentes protagonizadas polos extravagantes hóspedes e empregados do Gran Zootel. Maletas intercambiadas, estrelas Miauchelín, kiwis que non se poñen de acordo sobre que significa ser un kiwi e un coelliño que soña con ter unha habitación para el só... Neste hotel, os enredos e as situacións máis disparatadas tamén veñen incluídos na reserva. Catro libros ilustrados cheos de humor que poden lerse en calquera orde, perfectos para iniciarse na lectura autónoma, compartir en familia e gozar unha e outra vez. Catro autores. Catro historias. Un hotel onde pode pasar calquera cousa.