Sinopse
Polifacético (actor, dramaturgo, ensaísta, tradutor e director teatral), prolífico (máis de 150 obras só no eido
da dramaturxia) e esixente no seu traballo (ten premios importantes na poesía, no teatro e na narrativa, incluído
o Nacional de Literatura Dramática), Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943) achéganos neste
pequeno volume 61 relatos curtos que andan polo tempo e o espazo, desde Elsinor a Mondoñedo, para rematar
por salvar do lume o que convén, a identidade, porque «despois de todo, xa non tiñamos o éter para andar
saltaricando de país en país, de tempo en tempo…»