O Home Das Bonecas

Autor
Jean-Louis Renard
Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788412128093
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
0
Colección
Vólvense os paxaron contra as escopetas
6,00€

O home das bonecas responde ás características da literatura da fin do século en canto ao estilo requintado, a atmosfera lúgubre, o erotismo mórbido ou as paixóns violentas. A loucura exemplifícase na atención exclusiva que lle dedica o protagonista, Menzel, á súa variada colección de bonecas en detrimento da muller real, Yane, unha fermosa actriz á que coñeceu un serán na ópera e que dende entón o importuna coas súas asiduas visitas. Á maneira dun manifesto simbolista, o relato propugna a superioridade do ideal sobre o real, do soño sobre a vida, ao tempo que emparenta cunha longa tradición arredor dos seres artificiais que se remonta ao mito de Pigmalión relatado por Ovidio, pasa pola figura do gólem e os robots de Isaac Asimov e Stanislaw Lem, e chega mesmo aos androides de Philip K. Dick e ás hortensias do uruguaio Felisberto Hernández. Lémbrese, por outra banda, que o século XIX fora particularmente fecundo en obras que presentan a cuestión do dobre e do poder divino que se arroga o ser humano no seu desexo de crear vida, dende Frankenstein (1818), de Mary Shelley, até A Eva futura (1886), de Villiers de l’Isle Adam, cuestionando os novos poderes proporcionados polas ciencias e a técnica da era industrial a canda os límites éticos. Así mesmo, podería sinalarse a relación co Pinocho (1894), de Collodi, e máis claramente co relato do alemán E. T. A. Hoffmann «O home de area» (1817). Neste sentido cabe destacar que a ópera Les Contes d’Hoffmann (1881), composta por Jacques Offenbach e o libretista Jules Barbier, ten un papel central no relato, pois Menzel namórase de Yane cando esta interpreta a Olympia o serán que asiste a unha das súas representacións.