Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza? A fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva. Hai a quen lle custa atopala, sacala á luz. Pero ao final sempre acaba por saír. Ás veces o detonante é o simple feito de decidir o lado do que dormes. Ás veces hai que deixar de resistir e require un cambio.Esta novela vaise entretecendo coas dúbidas e seguridades dalgunhas mulleres. Mulleres que se unen coma nunha arañeira, apertándose para protexérense. Mulleres que loitan e, ás veces, gañan batallas. Non sempre.