Un barrio. Os seus habitantes. As súas orixes. Os seus conflitos. O arrecendo, moitas veces pestfero, da vida cotiá. Nada tan sinxelo e ao mesmo tempo tan intricado. O latexar do barrio non define, describe (como coidaba Torrente Ballester que cumpra facer), deixando marxe á lectora ou lector para tirar as súas propias conclusións. Unha fotografa da sociedade galega, fundamentalmente urbana, inmersa no enguedello das súas ansias e das súas coitas. Das privacións e carencias que lle son impostas, con frecuencia autoimpostas, e ás que debe sobrepoñerse para continuar.