Sinopse Pasar toda a vida soñando e non vivir. Non darse decidido entre as opcións, sentir medo e non moverse. Así podemos estar sempre á espera de algo que tal vez nunca suceda. Logo a vida remata, chega a morte, pero non podemos repetir nada. Demasido tarde. ¿ou non? ¿e se algúns regresasen a través dun chat? ¿para facer de mortos o que non fixeron de vivos? ¿que pasaría? Historias de ánimas escindidas, personalidades en desequilibrio eterno, ex-xente, ex-persoas, ex-vida doutro mundo neste "libro dos aparecidos".