O Marabilloso Mundo Das Profesións

Autor
PAVLA HANACKOVÁ/HANA MAKROSOVÁ/HELENA HARASTOVÁ
Editorial
Baía Edicións
ISBN
9788499954028
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
32
Formato
Cartoné
Colección
Rustica
15,90€

Algunha vez tentaches contar cantas profesións hai? Imposible, verdade? Que haxa tantas é algo fantástico porque permite que cadaquén atope o traballo que máis lle preste. Tanto se che gustan os ordenadores, a danza, a música, a historia, as matemáticas, o transporte, o espazo ou as profundidades do océano, de maior esas afeccións poden levarte a interesantes oficios ! Acompáñanos para saber un chisquiño máis das profesións menos coñecidas pero que máis moven o mundo hoxe en día. Descubre que habilidades precisa a xente que se dedica a cada cousa e o que lle gusta do seu traballo para así atopar a chave que fará os teus soños realidade !.