Sinopse É o relato que fai para nós o Señor da Torre do Ulla, persoeiro dunha fidalguía vida a menos. Refire o Don Miguel as súas teimas por ter nacido de pai cornudo, e revive en si mesmo o mito do Minotauro. Namórase de Laura, avivecendo os soños do ciclo artúrico, os amores de Xenebra e Lanzarote. Un escintilante pensamento metafísico sobre a condición humana penetra a narración e dálle fondura e misterio