Steve vive preocupado polo seu irmán pequeno, gravemente enfermo, e polo niño de avespas que apareceu no tellado da súa casa. Cando a raíña das avespas aparece nos seus soños e lle ofrece unha cura para o seu irmanciño, Steve ve a solución ós seus problemas. Pero aceptar esta proposta implica certos perigos. Ilustracións interiores de Jon Klassen, galardoado coa medalla Caldecott.