O Noiro

Editorial
Sotelo Blanco *
ISBN
9788478246533
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
92
Formato
Rústica
Colección
MEDUSA. NARRATIVA
12,00€

Sinopse 
Coas turbulencias que se desencadean nos anos trinta, chegan á vila acontecementos que interrompen o transcorrer apracible dos días. Na escola queda sen rematar a tarefa dunha redacción. Un dos nenos, convertido en combatente e tras experimentar en si mesmo o desmoronamento que o induce a terminar de escribila, saberá que o vello mestre é un dos mortos e desaparecidos, deixando ese oco, esa débeda que irá incluso máis alá do límite da súa propia vida, cando por fin se poñan os medios para atopar os restos e lle pida a un amigo que a salde no seu nome. O noiro é unha novela sobre a expiación, máis detrás está tamén o arrepío da violencia, a viaxe ao seu tempo, aos seus lugares, á persistencia inescrutable do ser primario ou á sorte de xeira escura do racional. Tamén á violencia do esquecemento, ese talude, ese noiro que quizais só sexa posible salvar regresando precisamente á inocencia do propio ser orixinario.