Sinopse
Simon e Peter van de vacacións a Grecia, á casa da súa curmá Penélope. Un día fan unha excursión á praia cun bote inflable. Alí aparece un paquete do que saen unhas voces, e descobren no seu interior unha gaiola, completamente amoblada, coma se fose unha casa. Nela discuten un papagaio e unha araña, procedentes de Mitoloxía, un país rexido por tres libros falantes e por Papagaio, o gardián das palabras. Os tres rapaces axudarán a salvar Mitoloxía do poder dos basiliscos.
Un libro cheo de imaxinación e intelixencia, de lectura áxil, co que poderemos divertirnos e aprender sobre os personaxes mitolóxicos.