O parlamento dos paxaro o libro da Duquesa

Autor
Geoffrey Chaucer
Editorial
Rinoceronte Editora
ISBN
9788419795809
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
114
Formato
Rústica
Colección
Vétera
Traductor
Jorge Bueno Alonso
Dimensiones
145 x 220 cm
16,00€

O parlamento dos paxaros é seguramente a máis deliciosa –e posibelmente a primeira– celebración do día de san Valentín xamais escrita. Ninguén sabe como o 14 de febreiro se converteu nunha das festas do amor. Talvez o propio Chaucer tivo a agradábel idea de animar os meses máis lúgubres do inverno cunha ocasión que evocase a primavera. Pode considerarse un poema festivo composto para o día de san Valentín. N’O parlamento dos paxaros, o amor considérase nos seus aspectos filosófico, social e poético, así como erótico e reprodutivo; o poema pasa da solemnidade do soño de Escipión á rifa cómica dos paxaros; e termina abruptamente antes de que o lector saiba a quen elixirá a aguia femia. Pola súa banda, O libro da duquesa é o primeiro dos seus grandes poemas, xa en pleno dominio da linguaxe e das convencións da poesía amorosa, unha das súas principais preocupacións nas décadas seguintes.

libros mas destacados (111) , novedades (52)