Sinopse E no medio do val érguese o lugar de Narahío asentado na súa meirande parte munha enorme peneda granítica. Se algo sobra en Narahío, é pedra. Din que os primitivos poboadores construíron valados a esgallo non para estrema-las lindes de hortas, leiras e prados, que sería o normal, senón para facerlles sitio ós prados, leiras e hortas. Poida que sexa unha realidade histórica desproporcionada, como tamén que para face-los camiños entre as casas escavaron a pedra e despois encheron o escavado con terra carrexada do barranco da Areeira. Isto contan os vellos, que llelo contaron outros aínda máis vellos.