Sinopse
Era unha vez un principiño que vivía nun planeta pouco máis grande ca el, e que necesitaba dun amigo... Así podía comezar esta fermosa e melancólica historia que ten engaiolado a tantos lectores, grandes e pequenos. É unha historia chea de misteiro e poesía, na que un neno emprende unha viaxe a través do universo e vai descubrindo o mundo co seu corazón: personaxes enigmáticos e paisaxes incribles. Quere chegar ata o fondo das cousas e non deixa de facer preguntas...