O Rebumbio Dos Vagalumes

Autor
Alberte Santos Ledo
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484873044
Idioma
Nº de páginas
227
Formato
Rústica
Colección
Rustica
15,00€

O rebumbio dos vagalumes é unha novela na que a súa protagonista, Paula, unha profesora universitaria emparellada cun executivo de éxito do mundo financeiro, se rebela contra o destino ao que se sente condenada. As procuras desta muller e os folgos cos que decide canear a súa vida furan sen retorno a vida de varios personaxes até que un rebumbio de vagalumes a empurra a un destino ao que non quería chegar. A historia de Paula, contada en primeira persoa, convive cos testemuños doutros personaxes e co de Xaime, a súa parella ?enfiadas pola inercia e a traxedia dun destino que non agardaban vivir. O que lle acontece á protagonista, e mais ás persoas coas que convive ao longo da obra, cumpre coa traxedia muda de moitas mulleres que no tempo actual, pola asfixia emocional do medio no que vive, non enfían a vida pola cara que máis lles convén. A novela, desenvolta en diferentes cidades galegas e europeas, empata varias historias ?a dun boticario, un financeiro e dous médicos? dentro dunha trama común contada con ritmo e paixón polos seus personaxes e por un narrador alleo ás outras vidas de Paula. ?Todos os retratos ?asegura a protagonista da novela? agochan máis do que asoman?.