O Regreso Do Meu Pobre Tio

Autor:
JACQUES-ANTOINE DULAURE
Editorial:
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788412393323
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
64
Formato
Rústica
8,00€

O regreso do meu pobre tío ou Relato da súa viaxe á Lúa escrito por el mesmo e sacado á luz polo seu querido sobriño foi publicado en 1784 e está inspirado nas primeiras experiencias de voo aerostático. Trátase dunha humorística recreación na que non custa recoñecer a sempre actual reflexión sobre as relacións humanas nas institucións, os costumes mundanos e o seu absurdo. Este divertimento adoita clasificarse como unha mostra da literatura excéntrica, pola súa temática, arredor dunha viaxe á Lúa; e pola súa estrutura, en vista do desdobramento da voz narrativa e a presenza constante de digresións. Neste sentido, os lectores asisten a unha dobre perspectiva dos feitos: a que outorga o relato do protagonista da viaxe no corpo do texto, e a dos comentarios do sobriño, presentes nas notas a pé de páxina, testemuña e asemade editor do acontecido.