Sinopse
A vida de Antía dá un xiro cando seus pais se separan e se ve obrigada a cambiar non só de colexio senón tamén de cidade de residencia.
¡Co feliz que ela era coa súa familia en Santiago!
Agora ten que esquecer aquilo e dispoñerse a empezar de novo. Novos amigos, novas formas de vivir. O que Antía aínda non sospeita é que lle esperan non poucas sorpresas e aventuras.