Sinopse
"Escribir este libro foi para min como aprender a ler, coma se me achegase á linguaxe, ás palabras, co mesmo respecto e coidado de quen se achega á dinamita". Así describe William Faulkner (New Albany, 1897-Oxford, 1962) a súa experiencia con O ruído e a furia, a súa cuarta novela, publicada en 1929. A historia da ruína e decadencia da familia Compson, no Sur dos EUA, segue a representar para o lector de hoxe ese mesmo desafío, o da literatura como reinvención da linguaxe. Ao tempo, é un magnífico exemplo do pulo que posúe unha narración inspirada na vida, ese "conto contado por un idiota, cheo de ruído e de furia, que nada significa", segundo deixou dito Shakespeare en Macbeth