Tartaruga estaba anoxada. Quería escalar un penedo, mais caeu e quedou boca arriba. E agora que? Semella que todo o mundo sabe o que debería facer, mais ela non está de humor para consellos, nin tampouco para abrazos. O seu amigo Ourizo ten moita paciencia, mais logrará que por fin volva a rir?