O señorito da Reboraina é a derradeira novela escrita por Otero Pedrayo e a única que publicou en galego despois da Guerra Civil. Publicada por vez primeira en 1960, narra a vida do fidalgo don Xoán Manuel Pereira de Castro, un singular personaxe que dá orixe a unha documentada novela de humor e aventuras que parodia o mundo da fidalguía.