O Segredo da Pedra Figueira e, ó mesmo tempo, relato iniciático, parábola contra o poder e evocación de certos aspectos da nosa xeografia, historia e mitoloxía. A ruptura co final típico de aventuras e da literatura folclórica converte a narración nunha parábola antitradicional e antipoder, que cuestiona a ideoloxía fortemente conservadora do groso dos contos e lendas clásicas, presentando ademais unha concepción da vida na que a muller pode desenvolver tódalas súas potencialidades e na que se deixa ve-la utopía feminista.