Sinopse
"Estraño título. Non é moi orixinal. Vén suxerido por un libro do historiador francés Georges Duby, que escribe O cabaleiro a muller e o crego. Tamén evoca a obriña do teólogo, igualmente francés, Christian Duquoc A muller, o crego e o laico. O meu ensaio diferénciase deles en que o lugar central da reflexión é o sexo e a peculiar dimensión na que anda implicada a muller coma concepto xenérico - é dicir, tanto de xénero feminino coma referido ó ser muller en xeral-, e o clero: aquel sector de homes -e somentes homes- que, para exerce-lo ministerio, teñen que renunciar ó exercicio do sexo na súa plenitude".