Sinopse O Merlo Vello transmítelles ós merliños máis novos todo aquilo que deben saber para sobrevivir. Bulebule queda tan fascinada coa historia do Merlo Branco que cre ser ela a elixida para lle dar vida a ese merlo que ha traer felicidade á súa especie. Cando a Roda da Vida dá unha volta, comprende que o Merlo Branco está en cada un de nós, independentemente do noso aspecto.