O teito é de pedra

Autor
Álex Alonso
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788411106702
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
360
Formato
Rústica
Colección
Edición Literaria - Narrativa
Ilustrador (portada)
Fran Herbello Hermelo
Peso
475 gr
Dimensiones
155 x 230 x 28 cm
19,50€

Unha novela escrita coa pel e coas entrañas da emoción para homenaxear a todas as persoas que deron a súa vida pola democracia ou que padeceron en calquera das súas formas a represión franquista. Finalista do XLI Premio Xerais de Novela 2024. «Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da emoción para homenaxear a todas as persoas que deron a súa vida pola democracia ou que padeceron en calquera das súas formas a represión franquista. Tomando como referencia o libro «Memoria dunha parroquia republicana», de Bernardo Vázquez Acuña, Álex Alonso sitúanos nunha época en que as políticas da República permitían unha mellora da vida das clases humildes, o que era visto polas clases industriais como unha ameaza inasumible. Con personaxes baseados en persoas reais e ambientada na zona de Vigo (San Miguel de Oia, Coruxo e outras parroquias limítrofes), esta novela describe de forma maxistral e próxima os terribles feitos acontecidos durante o golpe de Estado de 1936, cando se fará cachizas unha sociedade que aínda hoxe segue en proceso de reconstrución.

libros mas destacados (132) , novedades (71)