Benquerido señor, O noso cliente, o señor Ferguson, fíxonos unha consulta sobre VAMPIROS. Posto que somos unha empresa de enxeñaría, lamentablemente non podemos asesoralo sobre este asunto. Se cadra vostede pode AXUDALO. Holmes e Watson enfróntanse ao seu caso máis estraño cando un marido angustiado acode a eles, desesperado por entender o estraño comportamento da súa dona... sorprendeuna chuchándolle o sangue ao seu fillo! Pero, os vampiros non existen... ou si?