O VILLA DE PITANXO

Autor
José M. Solla Santos, Isabel E. Peleteiro Vázquez
Editorial
EDICIÓNS AGAIN
ISBN
9788412748277
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
158
Formato
Rústica
19,95€

O Villa de Pitanxo: Misterios dun Naufraxio é unha homenaxe aos mariñeiros que faenan a bordo do arrastreiro de Marín. Nesta obra nárrase un universa descoñecido sobre os mariñeiros que navegan en Terranova, unha simbiose entre os seus moradores do mar e o valor dos coñecementos nados da experiencia destes lobos de mar. Ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións. É un berro de esperanza e de loita das familias por aclarar a verdade do naufraxio do barco e a búsqueda dos desaparecidos. Unha reivindacación lexítima aos responsables das perdas humanas que endexamais deberan haber acontecido. Fálase sobre unhas formas de concebir o traballo a bordo dos arrastreiros, no que prevalecen as motivacións económicas, antes que a seguridade dos mariñeiros. Sublíñase un ecosistema pesqueiro, que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. Os distintos procesos en evolucióndos acontecementos acaecidos e por acontecer transmítennos perfectamente a beleza desde fascinante océano tenebroso e a posta en valor de tódolos marinos de Terranova con respecto e admiración.