Cristina está co seu pai na estación de Monzón, a punto de coller o tren para ir a Teruel. É tarde, vai frío e Cristina ten sede. Cando consegue por fin un refresco de Gasosa Burbullosa e o abre, da botella non sae ningunha bebida burbullante, senón alguén enoooorme e inesperado que cambiará a vida de Cristina, a do seu pai e a do equipo de baloncesto que este adestra? Queres descubrir de quen se trata?