O Xogo Das Cadeiras

Autor
Uxue Alberdi Uxue Alberdi/Aitziber Akerreta
Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788494653858
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
120
Formato
Rústica
Colección
Rustica
14,50€

Non é a primeira proposta da escritora, xornalista, tradutora (responsable de traducir ao éuscaro a Agustín Fernández Paz) e bertsolari Uxue Alberdi que podemos ler en lingua galega pois hai algún tempo Kalandraka acolleu Cando sexades pequenos: un orixinal álbum ilustrado onde xustamente as crianzas eran as responsables de anunciar ás persoas adultas o que lles ocorrerían de volveren á nenez. O xogo das cadeiras -inevitable non lembrar a iniciativa que baixo este nome un conxunto de escritoras realizaron hai uns anos para reclamar un maior espazo para as mulleres na Real Academia Galega-, traducido vizosamente por Isaac Xubín, orienta o seu contido agora á vellez usando como metáfora o coñecido xogo grupal onde as cadeiras se van retirando conforme avanza o seu desenvolvemento. Novela de corte intimista eríxese, á súa vez, como un proposta sólida que beirea e reflexiona sobre asuntos como son a memoria, en especial a memoria das mulleres e a chegada da morte, sen esquecer a relevancia que posúen os acontecementos vividos en situacións extremas -como pode ser a da guerra civil- para moitas das protagonistas que a viviron. O xogo das cade