A mediados dos anos noventa, a piques de finalizar o séculoXX, abrollan na escena inglesa unha manchea de textos que provocaron reac-cións ben similares ás que se produciran a finais da decada de 1950 coa irrupción dos mozos ira-dos. Desta volta son as mulleres, entre elas Sarah Kane, que chegará a ser unha das autoras mais interesantes do panorama teatral en Europa. Malia a sua tráxica desaparición en 1999, a súa obra segue e a ter unha fonda vixencia e actualidade por mor deses mundos dominados pola dor e pola barbarie que tan ben soubo reflectir e que nos falan dun forte compromiso coa vida.