Obra Dramática De Roberto Vidal Bolaño

Autor
Xosé Manuel Fernández Castro
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484872078
Idioma
Gallego
Nº de páginas
591
Formato
Rústica
26,00€

A obra dramática de Roberto Vidal Bolañoé o relato da carismática procura dunha poética teatral propia. O libro traduce en termos divulgativos unha complexa aventura artística seguindo o rastro dun creador xenial que ilumina os vinte e cinco anos finais do segundo milenio. Neste alambique destílase un insólito fenómeno cultural colectivo, metonimia da vitalidade dun ambiente social ben próximo aínda que xa admite unha visión histórica. O volume iníciase reivindicando o valor do autor e reconstruíndo a súa carreira para logo catalogar e clasificar as súas obras, avanzando unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a vida. A proposta remata esgotando a análise dun proxecto, a primeira superprodución plenamente galega, Agasallo de sombras. Deste modo supérase o perfil externo e penétrase no obradoiro creativo do autor mediante a reconstrución virtual dos procesos de creación e explotación escénica e a análise dos textos desde dous focos complementarios, o dramatolóxico e o teórico-crítico.