Sinopse
Luís Amadao Carballo (Pontevedra, 1901-1927) é unha das figuras máis relevantes da poesía galega do século XX. Iniciador do hilozoísmo, unha das estéticas máis fecundas nas nosas letras, desenvolveu un labor poético fundamental, gabado tanto polos seus contemporáneos como polos especialistas actuais.
A presente edición alén de examinar polo miúdo a súa traxectoria vital e literaria, pon nas mans dos lectores Proel, único poemario publicado en vida do autor, O galo e outros poemas soltos recollidos de diversos xornais e revista da época