"Asomando á noite na terraza dun rañaceos altísimo e amargo puiden tocar a bóveda nocturna e nun acto de amor extraordinario apodereime dunha celeste estrela." No alto dun rañaceos, na inmensidade da noite, alguén rouba unha estrela. Mais, no momento de gardala no seu peto, comeza a súa odisea. “Oda a unha estrela” é un extraordinario poema de Pablo Neruda que brilla resplandecente nas imaxes de Elena Odriozola. Este poema desprende a sensibilidade que caracteriza ao artífice do realismo poético.