Oito Dias Sen Eva Cortes (V Premio Illa Nova Narrativa 2021

Autor
SARA VILA ALONSO
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788491517658
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
198
Formato
Rústica
Colección
Literaria
17,00€

A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha información morbosa, aínda que Antía Ubeira non estudase xornalismo para facer dun suceso tan tráxico unha noticia sensacionalista. O seu xefe só pensa en vender xornais, mentres ela se enfronta cada día aos seus principios. O diario de Eva Cortes, as novas do suceso no xornal e a visión de Antía son as tres voces que narran esta novela trepidante. Oito días sen Eva Cortes atrápanos dende o primeiro capítulo e mantén un pulso coa actualidade no tratamento de moitos temas candentes. Con gran solvencia narrativa transitamos pola vida de dúas mulleres que teñen moito en común, especialmente nos seus desexos e medos.