Ola Adeus. Os Contrarios Nun Álbum Máxico

Autor:
Delphine Chédru
Editorial:
Kalandraka Editora
ISBN
9788484649373
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
32
Formato
Cartoné
16,00€

?Ola ~ adeus? é un libro interactivo que invita a xogar cunha vintena de palabras e cos seus antónimos. Está recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos que, coa axuda dun marco bicolor que contén un filtro óptico azul e outro vermello, permite descubrir a imaxe que lle corresponde á definición que figura na páxina co ntigua. O máxico e sorprendente desta obra é que en cada ilustración atópanse -unidas e fundidas, aínda que diferenciadas pola forma e pola cor- un concepto e o seu contrario. Para ver aparecer a noite e despois o día, ou a cidade primeiro e logo o campo, ou nocións como cerca e lonxe, abonda con mirar a mesma imaxe: unha vez a través do filtro azul e outra a través do filtro vermello. Un libro interactivo e sorprendente para xogar coas palabras e cos seus antónimos. Como por arte de maxia, os filtros ópticos descúbrennos escenas, nocións e conceptos antagónicos... sen saír da mesma páxina!