Sinopse
Eliseo Pemán non dorme. As noites da súa vida fóronse convertendo nunha homenaxe continua á lembranza de Mabel, aquela rapaza dos ollos tristes que agora está lonxe, nalgunha cidade do mundo aínda non identificada polas enciclopedias. Eliseo pasea o seu recordo polas rúas, convencido de que os amores imposibles non existen, ou polo menos, non deberían existir máis que nas novelas