Olo-Iepu-Iepu

Autor
Paula Carballeira Cabana
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788482882772
Idioma
Gallego
Nº de páginas
80
Formato
Rústica
Colección
Árbore
8,40€

Esta historia vai dunha tribo de África, chamada Mangala. Os homes e as mulleres Mangala son os mellores contacontos do mundo enteiro. E non é fácil. Deben de adestrarse arreo. Así, cada serán xúntanse na praza redonda da aldea, saudándose cun forte "¡Olo! E alí empezan a contar historias dun rei que quere un cabalo branco, dun rapaz que embotellou a morte, contos de porcos e de monos e de cómo naceron algúns animais... En fin, non paran de contar cousas e pásano moi ben.